ANÁLISE DE POLÍTICA SOCIOLABORAL MUNICIPAL DE:
– CONCELLO DE ARTEIXO
– CONCELLO DE CARBALLO
Eliximos os concellos de Arteixo e Carballo para a análise de política sociolaboral porque son dous municipios de poboación similar, pero os polos opostos con relación o paro, xa que, na provincia de A Coruña, Arteixo ten a porcentaxe de parados mais baixa e Carballo a mais alta.
A nosa idea é realizar unha análise comparativa no que descubramos qué concello responde dun xeito mais eficaz e completo ás necesidades da súa poboación con respecto ao campo sociolaboral.
CONCELLO DE ARTEIXO
Provincia: | |
Comarca: | |
Poboación: | 29.762 hab. (2009) |
Área: | 93,4 km² |
Densidade: | 310,07 hab./km² |
Entidades de poboación: | |
Capital do concello: | Arteixo |
ECONOMÍA E EMPREGO
O municipio dispón dun dos polígonos industriais máis importantes de Galicia; o polígono de Sabón, que dispón duns 3 millóns de metros cadrados, máis de 100 empresas e dá emprego directo a máis de 4.500 persoas.
No municipio ten a súa sede o primeiro grupo téxtil mundial, Inditex, así como a súa filial máis importante, Zara, e as súas filiais Kiddy's Class e Zara Home (as demais filiais teñen a súa sede en Barcelona e en Elxe, excepto Pull and Bear, cuxa sede se atopa na localidade de Narón).
Posúe minas de estaño, titanio e volframio.
Entre o termo municipal da Coruña e Arteixo está situada unha refinaría dunha importante petroleira así como industrias asociadas (véxase Repsol, CLH).
Na península de Punta Langosteira está a construírse (2007) o porto exterior da Coruña, cuxa finalización está prevista para o 2012 e que será un dos portos máis grandes de España cun dique dun 3,5 Km. de lonxitude.
HABITANTES: 29.762 |
ACTIVOS: 21.691 |
PARADOS: 2.973 |
TASA: 13,7% |
EMPRESAS: 2.340 |
– En decembro de 2010 a cifra de mulleres en paro era de 1.433 mentres que a de homes chegaba aos 1.540.
– Os homes de entre 35 e 50 anos e traballadores do sector da construción constitúen o sector do mercado laboral máis afectados o paro.
IMNIGRACIÓN
– 6% de poboación de Arteixo é inmigrante, con máis de 50 nacionalidades diferentes, desde bielorrusos até cameruneses, italianos, moldavos ou gregos.
– Dos aproximadamente 1700 inmigrantes censados en Arteixo, case 500 son marroquís, dos cales uns 290 son homes e ata 500 mulleres.
MULLERES
– Segundo o INE 15.111 mulleres a data de 01/01/2010
– Sobre o 40% da poboación inmigrante son mulleres.
NECESIDADES BÁSICAS POR CATEGORÍAS (mulleres marroquís)
Valores e crenzas Alta valoración da saúde. Estreita relación entre boa saúde e proceso migratorio. Obrigación de seguir as normas de autocoidado descritas no Corán. |
Evitar perigos Dificultades na utilización dos servizos sanitarios. Sentimentos de illamento social e soidade. Sufrimento espiritual. |
Alimentarse e hidratarse Dieta mediterránea e elaborada. Cambios nos horarios de comidas. Problemas de alimentación durante a hospitalización. |
Durmir e descansar Dificultade para durmir. |
Vestirse Como instrumento diferenciador de relacións sociais. |
Comunicación Dificultades de expresión oral en español. Contradicións en sexualidade e reprodución. |
Traballar e realizarse Satisfacción co seu rol. Perdida de status en mulleres universitarias. Participar en actividades recreativas |
Control social. No seu propio grupo sociocultural. Restricións culturais en adolescentes. |
XUVENTUDE
Arteixo é un dos concellos de Galicia con mais poboación nova, o 19,2% de poboación menor de 20 anos.
INFANCIA: Case o 14% da poboación ten menos de 16 anos.
Arteixo posúe a taxa de abandono escolar máis elevada da comarca. A última estatística publicada polo Instituto Nacional de Estatística sobre o nivel de estudos en Arteixo mostra que o 40% da poboación non dispón do graduado escolar. Como dato estimado só o 15% dos residentes no municipio ten estudos secundarios e, deles, tan só o 3,09% finalizou unha carreira universitaria. INE Y ASC CIXANOVA
Un dato aproximado de nenos menores de 3 anos é o de 1.350 con necesidade de praza en escola infantil, o concello de Arteixo só pode atender o14% da demanda real.
Con respecto á ensinanza pública de pendente da Xunta de Galicia o municipio conta con: 4 EEI, 4 CEIP E 3 IES , só nun dos 3 Institutos hai Formación Profesional.
3º PLAN MUNICIPAL DE PORMACIÓN PARA O EMPREGO
Ø Axenda Práctica da Búsqueda de Emprego: dispoñible na web municipal pra subsanar unha das eivas máis importantes coas que se enfronta unha persoa na procura de emprego é precisamente atopar o mellor xeito de achegarse a quen oferta o posto. WEB
Ø cursos de formación: dirixidos preferentemente persoas desempregadas, inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia, que residan no Concello de Arteixo.
Buscando sempre facilitar o acceso a esta formación a todos os cidadáns que a precisen, todos os cursos son de balde e subministraráselle ás persoas asistentes o material necesario para o seu desenvolvemento.
Os cursos ofertados son os seguintes:
Ø Internet
Ø Auxiliar de Xeriatría
Ø Condutor/a de autobús
Ø Auxiliar en Centros de Educación Infantil
Ø Actividades Auxiliares de Xardinería
Ø Cociñeiro/a
Ø A bolsa de emprego on-line: O Concello de Arteixo conta cunha bolsa de emprego on-line onde se poden inscribir todas aquelas persoas que pescuden un traballo.
A bolsa de emprego on-line está dirixida a: Desempregadas/os que estean a procura de traballo.
AXUDAS PARA A INSERCIÓN SOCIAL EMERXENCIAS SOCIAIS
Constitúen unha prestación económica ou en especie de carácter urxente, finalista e extraordinario, destinada a paliar situación de carencias e transitorias imprevistas ou excepcionais, así coma para previr o agravamento das mesmas. Son prestacións non periódicas.WEB
Axudas para a inserción sociolaboral:
Ø Transporte: Para o primeiro mes de traballo ou ben inserción socio- laboral o custo real ate un tope de 250€ desprazamento fora da bisbarra da cidade.
Ø Incentivos: Para a asistencia a cursos e formación ata un máximo de 250€ ao ano.
Ø Axudas para Escola Infantil : Por unha soa vez, pola totalidade da matricula e primeira mensualidade para favorecer inserción laboral ou apoio en situación extraordinaria.
Ø Axudas para comedor escolar: Por unha soa vez, como máximo un mes.
Ø Axudas para o pago de actividades socio- culturais: que sexan precisas para a integración social, ate un tope de 200€ o ano por persoa.
Ø Axudas sociosanitarias: Ate un máximo de 400€ ao ano.
Bolsas de libros e material escolar de acordo co seguinte cadro:
Educación Infantil | Educación secundaria | Educación primaria |
90€ por fillo. | 60€ por fillo. | 60€ por fillo. |
axudas para a mobilidade dos estudantes de Bacharelato, FP e Estudios Universitarios:
Constan dun total de 6.000€, repartidos en diferentes paquetes de axuda segundo as distancias dos centros educativos e as circunstancias acreditadas polos solicitantes.
MULLERES: LOITA CONTRA Á DISCRIMINACIÓN
Programa de actividades de marzo de 2010 a setembro 2011.
BLOQUE I: DESENVOLVEMENTO PERSOAL
– Control de estres
– Risoterapia
– Sexualidade
BLOQUE II: FORMACIÓN
– Oratoria “Falar en público”
BLOQUE III: CORRESPONSABILIDADE FAMILIAR
– Curso de bricolaxe para mulleres
– Taller de supervivencia para homes
EDUCACIÓN
Programa de actividades y educación complementaria dende os ámbitos da educación y a cultura. As actividades e proxectos abarcan dende dentro dos centros como fora.
Desenvólvense por bloques temáticos e van orientados dente infantil a secundaria por proxectos . Abarcan dende a radio na escola ao desenvolvemento dun plan de futuro persoal e social.
Apoios económicos a os estudos:
· Proxecto "Ponte dos Brozos". Subvencións de portátiles.
· Axudas a o transporte.
· Axudas a libros.
OUTROS CECTROS ONDE HAY FORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO SOCIAL
· Escolas Infantís Municipais (192 prazas)
· Escola Obradoiro
· Escola de Música
· Bibliotecas
· Centro Tecnolóxico
· Centro Cívico Cultural
· Aulas de Naturaleza
· Escolas Deportivas Municipais
· Centros De Servizos Sociais (Aula Aberta)
· Centro De Información A Muller
CONCELLO DE CARBALLO
Situación xeográfica
· En pleno centro neurálxico da provincia da Coruña.
· A poucos minutos de dúas das cidades más importantes de Galicia, como son A Coruña e Santiago de Compostela, coas súas respectivas universidades.
· Preto de dous aeroportos internacionais a unha distancia de menos dunha hora.
· A 15 minutos do novo porto exterior da Coruña.
Conta cun parque empresarial en ampliación:
· Parque actual con máis de 518.000 m²
· Máis de 150 empresas xa instaladas.
· Finalizada a primeira fase de ampliación, de máis de 718.000 m²
· Segunda fase de ampliación de máis de 443.000 m²
· Zona de Dinamización Empresarial, cun Viveiro de Empresas e un Centro de Promoción Económica.
Carballo lidera o nº de parados na provincia de A Coruña cunha tasa de paro que supera o 18%
POLITICAS SOCIOLABORAIS NO CONCELLO DE CARBALLO
EDUCACION:
O Concello de Carballo está comprometido co ensino polo que asume con todas as competencias que lle corresponden en materia educativa e ofrécelles aos centros escolares todos os recursos dos que dispón, ademais doutras propostas e actividades. En colaboración coas demais administracións competentes en materia educativa, atende ás súas obrigacións con respecto aos centros de ensino.
Así dentro da súa programación, podemos falar de:
Ø Consello escolar Municipal (*CEMC) web Regulamento: web
Ø Programa de educación adultos.
Ø Preescolar en casa.
Ø Aprender para educar.
Ø Bolsas de estudos e transporte.
Ademais conta con:
Ø Un conservatorio profesional de música
Ø Escola infantil municipal.
Ø Escola oficial de idiomas.
Ø 10 centros de ensino infantil e primario.
Ø Tres institutos de ensino secundario.
○ Outros 7 centros máis destinados a:
Ø Ciclo grao medio de barbaría.
Ø Centro especial ocupacional.
Ø Centro municipal de Formación ocupacional.
Ø catro restantes son de Educación Infantil, primaria e secundaria.
EMPLEO:
ü O Concello de Carballo é un centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia (*SPEG), que nace como unha ferramenta estratéxica de loita contra o desemprego en Galicia. WEB Enlace con “Servizo de emprego de Galicia”.
ü O desemprego é un dos problemas máis importantes na sociedade, e implica grandes *custes aos individuos ás familias e á sociedade en xeral. O paro representa unha cuestión mus complexa, porque responde non só a cambios nos mercados de traballo, senón tamén á situación particular dos desempregados e desempregadas: falta de cualificación, limitacións para a procura de emprego, limitacións xeográfica. web
ü Programas de cooperación.
FORMACIÓN:
A creación do Centro Municipal de Formación foi a primeira iniciativa municipal posta en marcha para axudar á cidadanía en situación de desemprego.
Conta ademais con:
Ø Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional.
Ø Escola Taller.
Ø Casa dos oficios.
Ø Plan Aurora. web
IGUALDAD:
Todas as mulleres da Comarca de Bergantiños teñen en Carballo un punto de apoio. O Centro de Información á Muller (CIM) ofrece un servizo gratuíto e desinteresado mediante as consultas persoais telefónicas ou escritas. Este departamento, creado en 2001, proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades.